martes, 16 de junio de 2009

XVIII - Remata o curso de TIC



Chegamos ó final de curso -só queda apenas unha semana-, e temos que recapitular todo canto ocorreu na clase de Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Estivemos a utilizar masivamente multitude de opción na Internet. Primeiro, fixemos un moi útil frixo cronolóxico, con TimeToast, que despois nos valeu ós de Historia Contemporánea para poñer en orden moitas datas.

Logo, aprendimos qué son os Podcast e a RSS, para estar informados en todo momento de canto ocorre nos nosos enderezos de interese. TAmén foi interesantísimo todo o relativo ás contas de Google; a YouTube e KikcYouTube; Goear; etc. que supoñen unha cantidade enorme de música e información que para os estudantes de bacharelato poden ser utilísimas.

Ademais, o uso de DotSub faise importante a ter en conta, xa que en poucos anos teremos que manexar información a partires de vídeos en idiomas que non coñecemos.

Outra cousa moi amena foi a creación de mapa conceptuais, que se fan prácticos á hora de estudar a grande maioría das nosas materias de xeito claro e conciso.

Así mesmo, repasamos intensamente ofimática -quizais algo xa moi machacado na informática da ESO-, no formato .pdf e co proxecto Scribd. Con todo, hei considerar moi apropiado o coñecemento de que hay máis cousas aló das Offices "tradicionais": o software libre de OpenOffice. Viva o dominio público gratuito!

Doutra banda, gustaríame poñer de relevo o especial interese que as profes de TIC puxeron en levantar a Aula Virtual do instituto con Moodle, a través do cal fixemos cantidades considreables de traballos e consultas. Por extensión, ademais, utilizámolo en materias como Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Lingua Española e Literatura, etc. Por favor, seguide nesa liña as profes de TIC!

Finalmente, o uso do GIMP foi importante e moi divertido, pola orixinalidade dos traballos propostos para a clase. Certamente, vése moi necesario manexar este tipo de programas de retoque fotográfico e de imaxe... ¿e se o día de mañá queremos chear a nosa casa con papeis de Pop Art? Eu apúntome!

E así, rematou un intenso curso de TIC que, na miña opinión, merece unha pausa nas vacacións de verán. Bo Verao!