lunes, 16 de marzo de 2009

Exercicio XVII

Por último e para rematar o noso segundo trimestre levamos a cabo unha pequena práctica no procesador de textos mencionado, o Writer, xunto co seu editor de ecuacións particular. O tema escollido foi a resolución tradicional das ecuacións de segundo grado polo método da fórmula.

Ecuacións - Federico y Simón Ecuacións - Federico y Simón Nethac Cnoiv

Exercicio XVI

A continuación, fixemos unha portada de periódico ou dun folleto informativo de tema libre e deseñado por nós mesmos. Nós, Simón, Joaquín e máis eu, realizamos un folleto sobre as vantaxas e as prestacións do noso instituto. Nel recollimos parte da súa historia e das súas xentes en compañía de varias fotografías.

Periódico - Federico, Joaquín, Simón Periódico - Federico, Joaquín, Simón Nethac Cnoiv

Exercicio XV

Co motivo de practicar un sistema ofimático de software libre, OpenOficce, estivemos a nos familiarizar co seu procesador de textos Writer.

Nunha primeira toma de contacto estivemos a realizar unha actividade xa indicada no libro de texto, ó final do tema de Word e Writer, cun texto procedente do seu Disco.

He aquí o traballo, feito en colaboración con Simón:

Campo magnético - Federico y Simón Campo magnético - Federico y Simón Nethac Cnoiv

viernes, 6 de marzo de 2009

Exercicio XIV

Adxunto a continuación a subtitulación traducida ó galego do vídeo sobre hardware proxectado na clase.

viernes, 20 de febrero de 2009

Exercicio XIII

Nestas últimas semanas estivemos a traballar en dous grandes aspectos:
A) En primeiro lugar, estudamos todo o referente ó Hardware informático; e
B) Para fixalo, planificamos un mapa conceptual coa aplicación CMapTools.

He eiquí a mostra do traballo que levamos a cabo Simón e máis eu.

domingo, 18 de enero de 2009

Exercicio XII

Esta primeira semana de clase do ano estivemos a utilizar GoogleMaps na clase de Tecnoloxías da Información e Comunicación. A partir del, elaborei un percorrido polas rúas de Ferrol prestando atención nos edificios do Modernismo de Rodolfo Ucha Piñeiro.


Ver mapa más grande

As fotos son de elaboración propia.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Exercicio XI

Nas últimas clases estivemos a preparar un posible titorial dende a nosa computadora grazas ó servizo de Firefox CaptureFireFox. Un exemplo: