Agora cómpre falar dos dous tipos de maneiras de colgar un arquivo de vídeo no noso blog. Para velo com máis claridade, utilízanse dous vídeos no que se fala de RSS e Podcasting.
A) Pódese dispoñer dun vídeo nun blog ó poñer no tipo de edición HTML a secuencia que sigue tras a dirección URL na páxina á que pertence o arquivo. Neste caso, sempre quedará indicado nunha esquina do vídeo a súa pertenencia. Exemplo: Vídeo. RSS.
B) Porén, se preferimos que non aparareza a súa orixe, debemos descarga o arquivo de vídeo ó noso disco duro e de ahí, insertalo no blog. Para iso necesítase a axuda dun programa ou dun enderezo dun portal de Internet. Recoméndase vivamente utilizar os servizos da páxina www.dvdvideosoft.com pola súa sinxeleza. Entón, tras copiar íntegramente o código da URL na páxina de vídeos de Internet, pegámolo directamente na pantalla de conversión´da páxina web. Nun prazo variable de tempo directamente proporcional ó tamaño, o proxecto web gardará no noso disco duro ou nunha memoria externa o noso vídeo. Finalmente, no parte superior do menú do noso blog, no panel de creación e edición de entradas, no modo HTML, seleccionamos a opción de insertar vídeo e escribimos a ruta precisa. Exemplo: Vídeo sobre o fenómeno Podcasting.
viernes, 17 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario