A lista de reproducción:
miércoles, 26 de noviembre de 2008
martes, 25 de noviembre de 2008
Exercicio IX
He eiquí unha presentación de diapositivas na que se pretende resumir todo o estudado con respecto ós blogs. Feita coa colaboración de Simón Carlos Cartamil, alumno de 5º A.
domingo, 9 de noviembre de 2008
Exercicio VIII
Nesta ocasión, estivemos a traballar na clase de TIC coa aplicación Picasa do proxecto Google. Trátase dunha serie de fotografías da nosa capital, Santiago de Compostela, como tema. Colgo nesta entrada a foto do Reloxo da Torre Berenguela; facendo click sobre ela pódese aceder a todo o álbum. Disfrutádeo.
viernes, 31 de octubre de 2008
Exercicio VII
Este exercicio práctico consiste en facer pública unha presentación de PowerPoint baixo o amparo do proxecto SlideShare de Internet. Trátase dun servizo gratuito que permite colgar as nosas presentacións na rede e, a continuación, insertalas no noso blog. Como exemplo, unhas fotos de Portugal.
Portugal: paisajes y ciudades
View SlideShare presentation or Upload your own.
jueves, 23 de octubre de 2008
Exercicio VI
Durante toda esta semana, estivemos a usar os servizos do sitio Dot Sub para subtitular os nosos vídeos. No meu caso, optei por traducir e subtitular un vídeo en inglés sobre a unión con agulla de crochet no nobre arte do frivolité.
Para isto, é necesario crear unha conta no páxina web de Dot Sub a partir dos nosos datos (conta de correo electrónico, nome e apelidos, un contrasinal, etc.). Alí, temos que subir o vídeo dende o noso ordenador (neste caso, sacouse da copia dun corto de youtube) e despois, subtitulalo introducindo o texto que lle corresponde ó seu intervalo de tempo. Finalmente, ó quedar publicado, tómase o código HTML e introdúcese pegándoo no panel de edición de HTML no blog.
ADVERTENCIA: Con todo, hay que ter iniciada sesión na web de Dot Sub para poder ver o vídeo.

viernes, 17 de octubre de 2008
Exercicios V
Agora cómpre falar dos dous tipos de maneiras de colgar un arquivo de vídeo no noso blog. Para velo com máis claridade, utilízanse dous vídeos no que se fala de RSS e Podcasting.
A) Pódese dispoñer dun vídeo nun blog ó poñer no tipo de edición HTML a secuencia que sigue tras a dirección URL na páxina á que pertence o arquivo. Neste caso, sempre quedará indicado nunha esquina do vídeo a súa pertenencia. Exemplo: Vídeo. RSS.
B) Porén, se preferimos que non aparareza a súa orixe, debemos descarga o arquivo de vídeo ó noso disco duro e de ahí, insertalo no blog. Para iso necesítase a axuda dun programa ou dun enderezo dun portal de Internet. Recoméndase vivamente utilizar os servizos da páxina www.dvdvideosoft.com pola súa sinxeleza. Entón, tras copiar íntegramente o código da URL na páxina de vídeos de Internet, pegámolo directamente na pantalla de conversión´da páxina web. Nun prazo variable de tempo directamente proporcional ó tamaño, o proxecto web gardará no noso disco duro ou nunha memoria externa o noso vídeo. Finalmente, no parte superior do menú do noso blog, no panel de creación e edición de entradas, no modo HTML, seleccionamos a opción de insertar vídeo e escribimos a ruta precisa. Exemplo: Vídeo sobre o fenómeno Podcasting.

lunes, 13 de octubre de 2008
Podcast
A partir do RSS xorde o Podcast, de grande utilidade. Nun primeiro momento este sistema permitiu grabar as noticias para a súa máis rápida difusión e últimamente, permítenos incrustar a música que queremos no noso espazo mediante a copia do seu código HTML.
Como exemplo, unha canción de Nacha Guevara.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)